Hoxe saímos de evento !! Gastronosa é unha feira gastronómica que con motivo do 43 aniversario de Amicogal (Amigos da Cociña Galega) será unha oportunidade para reunir produtores e hostaleiros galegos e compartir cociña galega e os seus produtos.
A Feira Gastronómica celebrarase no Museo do Centro Gaiás entre as 11 e as 19 horas cun programa que, co obxectivo de difundir e apoiar a cociña e os produtos galegos, incluirá música, stands, cociña de espectáculos e degustacións culinarias.